Desenvolto anualmente desde 2019 en diversas localizacións da bisbarra compostelá, é o primeiro festival de arte urbana e contextual que se celebra en Europa con perspectiva de xénero. Cun cartel composto unicamente por nomes femininos, o seu programa de actividades combina intervencións artísticas, obradoiros de creación, xornadas de análise e experimentación colectiva e encontros de convivencia entre veciñanza e creadoras co obxectivo de democratizar a expresión artística na rúa e contribuír ao combate das desigualdades que sofren as mulleres que crean no espazo público.

¡Descobre o festival a través das memorias das anteriores edicións!

Ames, Brión, Compostela e Teo

Desde 2019

Co-financian: Deputación da Coruña e concellos de Santiago, Ames, Teo e Brión.
Patrocinan: Montana Colors, Gadis e Pinturas Ibersa – El Mundo del Pintor.