Amaia Arrazola (Gasteiz, 1984)
Amaia Arrazola (Gasteiz,1984 ) ilustradora en papel e parede, intercala actualmente o seu traballo editorial, a ilustración publicitaria e o muralismo en gran formato. Con sete libros publicados nos últimos cinco anos, tanto para público adulto como infantil, e a súa
participación en festivais internacionais Asia, América e Europa, Amaia Arrazola é unha
das artistas máis recoñecidas do panorama nacional.
O mundo de Amaia Arrazola confórmase a partir de pequenos detalles do que lle rodea, todo o espontáneo, rápido e divertido é fonte de inspiración para o seu traballo. Unha conversa no supermercado, señores xogando á petanca, as películas de animación… gústalle o deseño, a serigrafía, a cerámica, o bordado, os contos e as cousas vellas ou raras.
Amaia Arrazola estudou Publicidade e Relacións Públicas en Madrid e a partir do 2006 comezou unha relación co debuxo que a levaría a abandonar o mundo publicitario e mudarse a Barcelona para medrar como ilustradora e muralista.
A gran capacidade de observación da artista cara calquera cousa que poida xerar unha chispa implícalle poñer tamén sobre a parede temas importantes sobre os que falar; convertindo o mural nunha chamada de atención coa que comezar a conversa. A maternidade, a diversidade e liberdade, a alerta medioambiental ou a reivindicación feminista (no fondo e forma) son algúns dos temas sobre os que traballa actualmente.
Nas súas propostas busca a vinculación co entorno ben a través de referencias
ou da participación directa e colaboración con grupos, o que a levou a traballar
activamente coa mocidade
A artista vitoriana ten participad en numerosos festivais de arte urbana tanto
nacionais como internacionais. O seu característico estilo de liña marcada e cores
chamativos ilustra muros dende Japón ata Estados Unidos, pasando por Marrocos
e, por suposto, España.