O primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa volverá deixar a súa sinatura en fachadas e muros da comarca compostelá entre o 6 e o 21 de xuño. Diferentes espazos dos municipios de Brión, Teo, Ames e Santiago acollerán a cuarta edición do Delas Fest, un pioneiro proxecto nado en 2019 co obxectivo de democratizar a expresión artística na rúa e contribuír ao combate das desigualdades materiais e simbólicas que sofren as mulleres que crean no espazo público.
O programa de actividades, deseñado desde unha perspectiva contextual que procura a participación activa comunitaria, está composta por catro intervencións artísticas, tres obradoiros de creación e encontros de convivencia entre colectivos, asociacións, veciñanza e e artistas.