Ceciro (Uruguai, 1982)

Cecilia Rodríguez Oddone (1982), coñecida artisticamente como Ceciro, é unha creadora visual uruguaia oriúnda de Paysandú, cidade situada a 367 quilómetros de Montevideo, onde reside na actualidade. Licenciada en deseño gráfico e dedicada á pintura mural, tanto de forma individual como colectiva, desde o ano 2013, a súa formación e práctica creativa abranguen tamén os campos da ilustración, a pintura e a produción serigráfica.

Como artista urbana, o seu traballo no espazo público supón unha prolongación do seu activismo social en prol da emancipación da muller. Desde unha visión ecofeminista, os fondos vencellos existentes entre a subordinación das mulleres e a explotación extractivista da natureza son unha constante. As formas orgánicas e as plantas, combinadas con figuras femininas ou integradas en composicións próximas á abstracción, protagonizan as súas obras, nas que destaca un recoñecíbel estilo colorista de formas planas e dinámicas.

Máis información:

Website