Fitz Licuado (Uruguai, 1986)

Deseñadora industrial e muller feminista, Florencia Durán adéntrase no universo do muralismo en torno ao ano 2010, cando conforma en Montevideo o Colectivo Licuado xunto ao tamén artista Camilo Núñez. Desde o mesmo abordan temáticas vinculadas á investigación contextual, logrando, coa súa pintura e estética, combinar o lugar, a cultura e os costumes locais, cunha revisión constante e en clave de xénero da representación estética da muller na arte, tamén presente na súa obra individual.

Máis info: