Mariana Santos (Lisboa, 1995)

Aínda que non foi até 2019 cando pintou o seu primeiro mural, Mariana Duarte Santos conta cunha ampla traxectoria no ámbito das belas artes. A través dun traballo plástico no que explora as técnicas da pintura ao óleo e o gravado, a súa incorporación a arte urbana recolle gran parte da súa traxectoria previa e amosa unha persoal aproximación ao eido do muralismo contemporáneo.

Influenciada por outras artes, como o cinema ou a literatura, Santos desenvolve fundamentalmente obras de natureza figurativa, en que as persoas e os modos nos que estas se relacionan co espazo físico e psicolóxico que as rodea son o eixe principal.

A través dun maxistral emprego da monocromía en branco e negro e a forza expresionista de liñas e trazos, claramente vinculados coa estética do seu traballo en xilografía, acostuma a reflectir a forma na que observa e percibe o mundo. Nesta abordaxe é habitual que reinterprete fotografías antigas, nas que atopa unha importante fonte de inspiración para representar o paso do tempo e a carga histórica que rodea escenas aparentemente cotiás.

Máis información:

Website