Nana (Santiago de Compostela, 1983)

Diana Rodeiro, coñecida artisticamente como Nana, é unha das artistas máis veteranas na escena da arte urbana galega. Técnica Superior en Xoiería Artística pola EASD Mestre Mateo e en Ilustración pola EASD Pablo Picasso, iniciouse no graffiti e a pintura mural de forma autodidacta no ano 2006, grazas ás quedadas informais que comezaban a organizarse na vila de Ordes, onde reside desde cativa.  

Dedicada profesionalmente a arte urbana desde o 2016, as súas obras caracterízanse polo protagonismo de personaxes femininas, con trazos de presenza recorrente en distintas intervencións, que dialogan co territorio no que se realizan. No seu traballo, que combina o emprego da pintura plástica co spray, conxuga figuras, temas e cores aparentemente infantís e inocentes con mensaxes máis críticas que convidan a deterse e ler entreliñas.

Máis información:

Website