Tamara Baz (A Guarda, 1985)

Graduada en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto pola Universidade da Coruña, Tamara Baz conta con máis de dez anos de experiencia no sector do deseño gráfico e a ilustración.

Aínda que nos primeiros anos a súa carreira centrouse case exclusivamente no deseño gráfico, Baz sempre gozou da ilustración e do graffiti, ámbitos nos que foi formándose de xeito autodidacta ata convertelos en eixo fundamental da súa profesión.

Gañadora no 2019 da primeira Batalla Mural organizada en paralelo ao festival Vigo Cidade de Cor, este concurso permitiulle dar o salto ao muralismo de gran formato, onde habitualmente mistura o traballo con spray e pintura plástica. As súas obras, habitualmente inspiradas nun universo infantil no que destacan as protagonistas femeninas, deixan tamén espazo para o realismo, fundamentalmente, nos seus traballos a spray.

Máis información:

Website