Udatxo (Azkoitia, 1985)

Udane Juaristi, coñecida artisticamente como Udatxo, é unha artista plástica e muralista vasca. Licenciada en belas artes, ao longo da súa traxectoria foi definindo a súa persoal estética a partir da experimentación e a combinación de diferentes técnicas, como a pintura plástica a pincel, o debuxo con markers, a colaxe de papeis encolados, o transfer ou os obxectos insertados na parede.

 
A través dun estilo realista de fondos informais, que imprime ao seu traballo un carácter extremadamente pictórico, as súas creacións no espazo público adoitan recrear escenas cotiás propias de paisaxes urbanas. As súas coloristas composicións, nas que destacan as texturas e o xogo coas luces, están habitualmente inspiradas en fotografias e protagonizadas por personaxes, representadas de forma dinámica e, en moitas ocasións, de costas.

Máis información:

Website