DELAS FEST 2024

Programa Feminista de Arte Urbana Contextual

Do 15 ao 23 de xullo na comarca de Compostela

Chega a VI edición do Delas Fest. Tiveron que pasar cinco anos para decatarnos de que en realidade non somos un Festival! Coas actividades extendidas alén das intervencións murais, cremos firmemente que Programa Feminista de Arte Urbana Contextual é un nome que define máis o noso espírito. 

Sen renunciar á posta en valor das mulleres creadoras e da cultura comunitaria, desde a defensa da liberdade creativa e da importancia dos coidados en todo o proceso, reivindicamos un ano máis o papel contextual do Delas Fest, para o que son imprescindibles as anfitrioas, coas que demos comezo ao Delas Fest 2024 durante o mes de xuño. 

Abrimos a Convocatoria de Anfitrioas (Anfitriónate!) sendo conscientes da importancia de facer partícipe á comunidade no proceso de creación das obras. Grazas aos primeiros encontros coa comunidade, as tres artistas desta edición xa están a rematar os bosquexos das intervencións que este ano se levarán a cabo en Brión e Compostela. 

A partir do 15 de xullo, terán lugar as intervencións en gran formato. Nesta VI edición contaremos coa presenza de Paula Calavera (que pintará do 15 ao 21 de xullo, na Rúa da Vesada, 15, en San Lázaro, Compostela), Rame13 (que estará do 16 ao 22 de xullo, no Paseo de Pedrouzos, 12, Brión) e Pri Barbosa (que poderedes ver do 17 ao 23 de xullo, na Rúa da Fervenza, 76, Santiago).

Prestade atención! Iremos actualizando a web coas novidades! Tamén podedes suscribirvos a nosa canle de Telegram para non perdervos nada!

máis información en

7hcoop@7hcoop.gal

Coñece máis...