DELAS FEST 2021

Festival Feminista de Arte Urbana e Contextual

Do 28 de xuño ao 25 de xullo

O primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa volverá deixar a súa sinatura en fachadas e muros da comarca compostelá entre o 28 de xuño e o 25 de xullo. Diferentes espazos dos municipios de Brión, Teo, Ames e Santiago acollerán a terceira edición do Delas Fest, un pioneiro proxecto nado en 2019 co obxectivo de democratizar a expresión artística na rúa e contribuír ao combate das desigualdades materiais e simbólicas que sofren as mulleres que crean no espazo público.

O programa de actividades, deseñado desde unha perspectiva contextual que procura a participación activa comunitaria, está composta por catro intervención artísticas, catro obradoiros de creación e encontros de convivencia entre colectivos, asociacións, veciñanza e e artistas.

BRIÓN

DO 28 DE XUÑO AO 4 DE XULLO 

INTERVENCIÓN de SUSANA BLASCO (Aragón)
IES de Brión (Paseo de Pedrouzos, s/n)
Entre o 29 de xuño e o 4 de xullo

 

OBRADOIRO de SAX (Galiza)
Perfeccionamento en spray
IES de Brión (Paseo de Pedrouzos, s/n)
Domingo 4 de xullo, de 11h a 14h e de 16h a 19h

Prazas cubertas!

TEO

DO 5 AO 11 DE XULLO

INTERVENCIÓN de MARINA CAPDEVILA (Catalunya)
Auditorio Constante Liste (Rúa da Lagoa nº2, Lucí)
Entre o 6 e o 10 de xullo

 

OBRADOIRO de 7H COOPERATIVA CULTURAL (Galiza)
Iniciación ao spray
Piscina Municipal dos Tilos
Sábado 10 de xullo, de 11h a 14h e de 16 a 19h

Prazas cubertas!

AMES

DO 12 AO 18 DE XULLO 

INTERVENCIÓN de DOA OA (Galiza)
Casa de Barbazán (Travesía do Lodeiro, Bertamiráns)
Entre o 12 e o 18 de xullo

 

OBRADOIRO de 7H COOPERATIVA CULTURAL (Galiza)
Iniciación ao muralismo
Sábado 17 e o domingo 18 de xullo
Paseo Fluvial de Bertamiráns. De 10h a 15h

Inscricións aquí (prazas limitadas!)

COMPOSTELA

DO 19 AO 25 DE XULLO.

INTERVENCIÓN de LILY BRICK (Catalunya)
Pontepedriña (Praza de León nº6)
Entre o 20 e o 25 de xullo

 

OBRADOIRO de IRIA PROL (Galiza)
Obradoiro de pintura mural para artistas
Complexo Deportivo de Santa Isabel (Rúa de Tras Santa Isabel, s/n)
Sábado 24 e domingo 25 de xullo, de 15h a 21h.

Inscricións aquí (prazas limitadas!)

máis información en

7hcoop@7hcoop.gal