Eloise Gillow (Oxford, 1993)

Eloise Gillow (Oxford, 1993) é filóloga e artista. Cun estilo moi característico debido á súa formación en pintura clásica, Eloise achegouse á pintura mural e ás intervencións no espazo público motivada pola conexión directa que se xera entre pezas e comunidade.

A artista británica ten participado en numerosos festivais e realizado intervencións a longo de Europa, como no Artscape (Suecia), en colaboración co B-Murals Centre d’Arte Urbana (España), no Upeart (Finlandia), Label Valette Festival ou Festival Les Nouveaux Ateliers (Francia) e no Shackleton Museum (Irlanda).
O traballo de Eloise desenvólvese a partir de dúas liñas de interese, por un lado a investigación formal, dentro da pintura realista, e a posibilidade de narrar historias sen palabras;. As intervencións de Eloise Gillow están pobladas por figuras humanas (maioritariamente mulleres) a gran escala que, a través de pequenos xestos, xeran ambientes íntimos que obrigan ás viandantes a pararse, pensar e sentir.
Ás súas pezas invitan ás espectadoras a reflexionar cómo e onde poden atopar vitalidade e/ou momentos de calma, así como a súa relación e conexión co mundo natural. Mediante da captura de pequenos movementos e xestos sutiles, a artista traballa a linguaxe corporal das súas protagonistas xerando composicións abertas á interpretación persoal pero támen á colectiva.
O imaxinario da artista parte da fascinación que lle produce a xente e como ésta interactúa tanto con outras persoas, coma co espazo en si mesmo. Esta investigación visual lévaa a traballar tanto en pequeno formato, para galerías e museos, como a gran escala onde os murais de Eloise Gillow preséntanse como una ruptura co sistema, centrando a atención nos momentos de pausa e a representación do cotiá. Así, o seu traballo precisa dunha gran vinculación coa comunidade onde se vai a realizar a intervención; persoas, costumes e paisaxes do que poderiamos entender como o máis cotiá e por tanto, non tan chamativas, serven de material para a posta en valor mediante os seus retratos e, o espazo mesmo onde se vai realizar a peza, como soporte e parte a vincular co entorno.

Máis información:

WebsiteInstagram