Ir ao contido da páxina
7H Coop

Cartografías da arte urbana. Mapa Diagnóstico.

Neste primeiro semestre de 2026, grazas ás axudas para a acción e promoción cultural do Ministerio de Cultura e en colaboración con Madrid Street Art Project e a Fundación Contorno Urbano, puidemos realizar un mapeo e diagnóstico do sector da arte urbana no marco do proxecto Cartografías da arte urbana.  

O estudo, que xa podedes descargar neste enlace, nace co obxectivo de construír un relato sobre o estado actual do ecosistema profesional da arte urbana en España: quen o conforma, como se desenvolve a súa actividade, cales son as súas contradicións e que problemáticas aparecen de forma transversal.

O presente informe recolle os resultados dunha investigación mixta desenvolvida durante 2026 e que combinou a participación de 200 profesionais nunha enquisa de ámbito estatal coa
celebración de encontros de diálogo e traballo en Galicia, Barcelona e Madrid. Nestes espazos participaron artistas, xestoras culturais, comisarias, técnicas de cultura, responsables políticos, mediadoras, investigadoras e docentes, achegando perspectivas diversas sobre a realidade actual da arte urbano.

Agardamos que vos preste a lectura e que podamos seguir a traballar colectivamente pola mellora do sector!