Paula Calavera (Ceuta, 1989)

trae o movemento, as viaxes, a curiosidade e o surrealismo que dá vivir nas Illas Canarias. Acompáñaa o reinventar constante do espazo, unha actitude intrínsica ao vivir nas periferias que a empurra a darlle ao global  un ar local.

 

Consciente da súa memoria visual, é quen de transformar soños, meditacións e pensamentos en imaxes simbólicas, con certa tendenza ao abstracto, sen deixar atrás a liña que a conecta coa realidade, tanto a través do lenzo que colgan das galerías de arte, como nas fachadas que constrúen as rúas ou os textos que escribe.

 

As súas creacións parten do emocional, do íntimo, do persoal, reivindicando o apoderamento feminino, desde o que acontece na cabeza de cadaquén aos espazos que habitan.

 

Reivindica o pintar na rúa desde a liberdade que dá o efémero e aposta pola arte contextua para facer os seus traballos, apostando por que a arte urbana teña un obxectivo máis social. Para ela, “a pintura mural non é o mesmo que un cadro moi grande. Aprecia que as persoas sexan quen de identificarse coas súas creacións, sen ter que renunciar ao seu estilo persoal.

 

Para lograr isto, absorbe desde as anécdotas, por moi persoais que sexan, aos relatos do lugar e combínaos coas cores e formas do espazo que intervén, tanto por analoxía como por contraste.

 

Pódense atopar os seus traballos en muros de edificios abandonados, como fábricas, e tamén en fogares, sempre mantendo o seu espírito, por todo o mundo, Mexico, Alemania, Brasil, España…

Máis información:

WebsiteInstagram