Política de Cookies

En consonancia cos nosos valores, en 7hcoop.gal, a páxina web de 7H S. Coop. Galega, queremos garantir un espazo virtual seguro no que se respecten os dereitos das persoas usuarias. Así, esta páxina adecúase ás esixencias da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), e ao Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, coñecido como o Regulamento de Desenvolvemento da LOPD. Igualmente, cumpre co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD), así como coa Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE ou LSSI).

Que son as cookies?

Como a maioría de sitios web, o noso tamén emprega cookies para funcionar. As cookies son diminutos arquivos que se descargan no computador de quen accede a un sitio web ou a determinadas partes do mesmo e que permiten, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación da persoa usuaria ou do seu equipo, ademais de ser as responsables de que a páxina visitada teña un aspecto uniforme.

En caso de non querer recibir cookies, por favor, configura o teu navegador de Internet para que as borre do disco duro do teu computador, as bloquee ou che avise no caso de instalación das mesmas. Se non desexas realizar ningún cambio na configuración das cookies, non é preciso que realices ningunha acción.

Que tipo de cookies empregamos?

Cookies técnicas

Son aquelas que permiten á persoa usuaria navegar a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación, empregando as diferentes opcións ou servizos que nela existen coma, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación ou compartir contidos a través das redes sociais.

cookies de terceiros

Esta web pode utilizar servizos de terceiros que, por conta de 7Hcoop.gal, recompilen información con fins estatísticos, de uso do sitio por parte da persoa usuaria e para a prestación doutros servizos relacionados coa actividade da web e/ou doutros servizos de Internet.

Neste senso, cabe sinalar que esta páxina emprega WordPress.org, propiedade da empresa norteamericana Automattic, Inc polo que o uso das súas cookies non está baixo control ou xestión de 7H S. Coop. Galega. Sen ben, por defecto, WordPress non recompila ningún dato persoal sobre as visitantes, recomendámosvos ler e ampliar información no apartado relativo ás cookies da súa política de privacidade.

Igualmente, este sitio web utiliza Google Analytics, un servizo de análise de datos ofrecido por Google. A súa adopción o uso de cookies que recompilan información, incluída a dirección IP da persoa usuaria, para o seu envío e posterior tratamento e almacenamento por Google nos termos fixados na súa web. Entre eles, atópase a posible transmisión da devandita información a terceiros por razóns de esixencia legal ou cando estes terceiros procesen a información por conta de Google.

Neste apartado, ademais, están incluídas as denominadas cookies sociais, e dicir, ficheiros que poden almacenarse no teu navegador cando empregas o botón de compartir contidos nalgunha rede social.

Contido incrustado doutras webs

A información aloxada nos distintos apartados deste sitio pode incluír contido incrustado (coma vídeos, imaxes, pezas xornalísticas, etc.) procedente doutras paxinas ou sitios web. En consecuencia, estas páxinas poden recompilar os teus datos, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da túa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

consentimento

Como ves, as cookies que empregamos en 7Hcoop.gal non almacenan dato persoal algún nin ningún outro tipo de información considerada sensible. Ao navegar na nosa web estás a aceptar o seu uso, nas condicións contidas na presente política de cookies. En caso de non estares de acordo, sempre podes contactarnos en 7Hcoop@7Hcoop.gal.

bloquear ou eliminar cookies

Tamén podes permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas nun equipo ou dispositivo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no mesmo, seguindo as instrucións proporcionadas polo propio navegador. Así o explica DinaHosting, proveedores do noso aloxamento web.