AVISO LEGAL E POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Agradecémosche que decidas visitarnos. Queremos que a túa experiencia sexa a mellor posible.

Para acceder aos nosos servizos, declaras que es maior de idade e que tes capacidade legal de obrar de acordo á túa lei nacional.

O acceso e a navegación no sitio web, ou o uso dos servizos do mesmo, implican a aceptación expresa e íntegra de todas e cada unha das presentes Condicións Xerais, incluídas tanto as Condicións Particulares fixadas para certas promocións como a Política de Privacidade e Cookies, relativa ás finalidades dos tratamentos dos datos que nos facilites. Por favor, recomendámosche que as leas atentamente.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

7H S. COOP. GALEGA, entidade con CIF F70444302, e con enderezo en Av. Romero Donallo nº 45 Galerías Praza do Ensanche local 76 – 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), é a Responsable de tratamento dos diferentes datos persoais que se
recollen para unha correcta prestación do noso servizo.
É o noso obxectivo tratar os seus datos con total transparencia, aportando sempre as maiores garantías de confidencialidade e seguridade. É por iso que lle queremos explicar de maneira precisa o motivo e o xeito que temos de recompilar, almacenar, compartir e utilizar os seus datos persoais, así como os dereitos que pode exercer con respecto a estes tratamentos.
Esta Política proporciona información acerca do uso que 7H fai dos seus datos persoais.  No caso de que ofrecéramos servizos adicionais e que estes implicaran algunha modificación na forma en que recompilamos e tratamos os seus datos,
proporcionariámoslle máis información así como os termos adicionais que procederan.

Informámoslle tamén de que poñemos á súa disposición o enderezo de correo electrónico 7hcoop@7hcoop.gal, ao que pode dirixirse de modo directo sempre que teña calquera pregunta ou dúbida acerca do tratamento dos seus datos persoais ou cando desexe comunicarse con nós.

RECOMPILACIÓN E TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS

7H recompila os seus datos persoais a través das seguintes vías:

  • Cando acode a nós, como persoa xurídica ou física, para solicitar información sobre os nosos servizos.
  • Cando se inscribe a través da web a un curso, obradoiro ou xornada enchendo o formulario
    de inscrición correspondente. 
  • Cando se subscribe ao noso MailChimpín. 
  • Cando é vostede un provedor e solicitamos os seus datos para poder realizar os pedidos de bens e servizos e proceder ao pago dos mesmos.
  • Cando vostede, voluntariamente, se fai seguidor das nosas Redes Sociais ou descarga a nosa app Elas Street Art.

FINALIDADE DO TRATAMENTO DE DATOS, TEMPO DE CONSERVACIÓN E CESIÓN

En 7H tratamos os datos que nos facilita con finalidade exclusivamente informativa ou para facilitar o intercambio de produtos e servizos e sempre previo consentimento por parte das persoas implicadas. 

En tódolos casos, os datos proporcionados se conservarán mentres vostede, como persoa interesada, non solicite a súa
supresión ou exercite o seu dereito de oposición. Os seus datos conservaranse debidamente protexidos durante todo o tempo que sexa necesario para atender ás obrigas legais que en materia fiscal ou noutro ámbito afecten a 7H.

Se ben 7H non realiza intencionadamente transferencias internacionais de datos, si utiliza servizos de almacenamento na nube, como Gdrive. Dende 7H informámoslle de que os servizos utilizados corresponde a empresas que transfiren os datos dende a UE aos EUA baixo os principios Privacy Shield, é dicir, baixo os requisitos legais de protección de datos
existentes na UE, proporcionando polo tanto unha adecuada protección da privacidade dos datos.

Os seus datos nunca serán utilizados para o envío de comunicacións (publicitarias, informativas…) sen o seu consentimento. Tampouco serán cedidos a terceiros, salvo que exista obriga legal ao respecto.

MEDIDAS DE SEGURIDADE

Informámoslle de que todos os seus datos son tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, e máis concretamente conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016
(RXPD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

Así mesmo, cúmprense os principios descritos no artigo 5 do RXPD, polo que os seus datos son tratados de xeito lícito, leal e transparente en relación co interesado/a e de maneira adecuada, pertinente e limitada ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.

Co obxectivo de salvagardar a seguridade dos seus datos persoais, informámoslle de que implantamos todas as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos mesmos, a súa alteración, perda e tratamento ou acceso non autorizados.

Política de Cookies

En consonancia cos nosos valores, en 7hcoop.gal, a páxina web de 7H S. Coop. Galega, queremos garantir un espazo virtual seguro no que se respecten os dereitos das persoas usuarias. Así, esta páxina adecúase ás esixencias da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), e ao Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, coñecido como o Regulamento de Desenvolvemento da LOPD. Igualmente, cumpre co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD), así como coa Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE ou LSSI).

Que son as cookies?

Como a maioría de sitios web, o noso tamén emprega cookies para funcionar. As cookies son diminutos arquivos que se descargan no computador de quen accede a un sitio web ou a determinadas partes do mesmo e que permiten, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación da persoa usuaria ou do seu equipo, ademais de ser as responsables de que a páxina visitada teña un aspecto uniforme.

En caso de non querer recibir cookies, por favor, configura o teu navegador de Internet para que as borre do disco duro do teu computador, as bloquee ou che avise no caso de instalación das mesmas. Se non desexas realizar ningún cambio na configuración das cookies, non é preciso que realices ningunha acción.

Que tipo de cookies empregamos?

Cookies técnicas

Son aquelas que permiten á persoa usuaria navegar a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación, empregando as diferentes opcións ou servizos que nela existen coma, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación ou compartir contidos a través das redes sociais.

cookies de terceiros

Esta web pode utilizar servizos de terceiros que, por conta de 7Hcoop.gal, recompilen información con fins estatísticos, de uso do sitio por parte da persoa usuaria e para a prestación doutros servizos relacionados coa actividade da web e/ou doutros servizos de Internet.

Neste senso, cabe sinalar que esta páxina emprega WordPress.org, propiedade da empresa norteamericana Automattic, Inc polo que o uso das súas cookies non está baixo control ou xestión de 7H S. Coop. Galega. Sen ben, por defecto, WordPress non recompila ningún dato persoal sobre as visitantes, recomendámosvos ler e ampliar información no apartado relativo ás cookies da súa política de privacidade.

Igualmente, este sitio web utiliza Google Analytics, un servizo de análise de datos ofrecido por Google. A súa adopción o uso de cookies que recompilan información, incluída a dirección IP da persoa usuaria, para o seu envío e posterior tratamento e almacenamento por Google nos termos fixados na súa web. Entre eles, atópase a posible transmisión da devandita información a terceiros por razóns de esixencia legal ou cando estes terceiros procesen a información por conta de Google.

Neste apartado, ademais, están incluídas as denominadas cookies sociais, e dicir, ficheiros que poden almacenarse no teu navegador cando empregas o botón de compartir contidos nalgunha rede social.

Contido incrustado doutras webs

A información aloxada nos distintos apartados deste sitio pode incluír contido incrustado (coma vídeos, imaxes, pezas xornalísticas, etc.) procedente doutras paxinas ou sitios web. En consecuencia, estas páxinas poden recompilar os teus datos, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da túa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

consentimento

Como ves, as cookies que empregamos en 7Hcoop.gal non almacenan dato persoal algún nin ningún outro tipo de información considerada sensible. Ao navegar na nosa web estás a aceptar o seu uso, nas condicións contidas na presente política de cookies. En caso de non estares de acordo, sempre podes contactarnos en 7Hcoop@7Hcoop.gal.

bloquear ou eliminar cookies

Tamén podes permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas nun equipo ou dispositivo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no mesmo, seguindo as instrucións proporcionadas polo propio navegador. Así o explica DinaHosting, proveedores do noso aloxamento web.