Os Batidos Sinérxicos foron encontros de traballo e reflexión colectiva arredor da situación e perspectivas de futuro da economía social compostelá, orientados á consolidación desta fórmula empresarial, á construción de redes entre entidades e á resolución dos problemas do sector na cidade. A través da organización de cinco sesións temáticas, diferentes proxectos locais involucrados na xeración dun modelo social centrado nas persoas, deseñamos colaborativamente ferramentas e accións orientadas á promoción de formas de relacionarnos, traballar e consumir baseadas en prácticas sostibles e éticas propias da economía social.

Concello de Santiago

Santiago de Compostela, 2018