Encontro de improvisación pictórica destinado a xerar espazos lúdicos, seguros e libres de violencias machistas para a creación, o diálogo e o intercambio de experiencias entre escritoras de graffiti e artistas urbanas. Nun ambiente afastado da competitividade e os egos, oito creadoras, escollidas a través dunha convocatoria aberta, realizaron as súas pezas en spray sobre superficies de papel de celofán situadas entre as árbores do Xardín do Teatro, convertido nunha pequena galería de arte ao aire libre na que o público asistente tamén puido experimentar coa técnica. A música e os ritmos urbanos marcaron o final dunha xornada de reivindicación da cultura urbana protagonizada por mulleres.
Santiago de Compostela
2020 e 2021
Financian: Ministerio de Cultura y Deporte e Xunta de Galicia.
Colaboran: Montana Colors e Cidade da Cultura
Graciñas por visitarnos! En 7Hcoop.gal só empregamos cookies con finalidade técnica. Agardamos que che guste o noso sitio web e entendemos que estás dacordo coa nosa política de cookies. Preme no enlace para máis información e contáctanos ante calquera dúbida.plugin cookies
ACEPTAR