Didácticos Audiovisuais é un programa lúdico-pedagóxico de difusión da cultura audiovisual destinado ao alumnado de centros de ensino primario e secundario que procura un achegamento crítico ao eido audiovisual desde unha mirada consciente e comprometida coa realidade social. A través da exploración da relación narrativa entre a linguaxe cinematográfica e outras expresións artísticas como a música ou a danza, a estrutura de contidos, organizada por eixos temáticos, combina a realización de actividades de mediación docente e obradoiros nas escolas e colexios con sesións no Auditorio de Galicia dedicadas á proxección e análise colectiva de curtas e filmes.

Santiago de Compostela

2016-2019

Cliente: Auditorio de Galicia