DJ Inclusivo é un programa de formación creativa dirixido a persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social que aposta pola igualdade na participación cultural a través da aproximación ás ferramentas e técnicas precisas para desenvolver unha sesión musical. Nado en 2018 en colaboración coa A.C. Negus ao amparo da Fundación Emalcsa, estrutúrase arredor de talleres nos que, mediante dinámicas colaborativas de traballo en equipo, as participantes experimentan cos fundamentos musicais e as tecnoloxías dixitais empregadas tanto para a reprodución e mestura de música en directo como para a produción dun podcast radiofónico. Como colofón, o alumnado realiza unha exhibición pública nun festival.

Fund. Emalcsa - Concello da Coruña

A Coruña, 2018-2020

Reproducir vídeo