Baixo o lema #TecendoRedes, a Feira de Economía Social da Coruña constituíu unha plataforma de reivindicación da economía social e as persoas que a fan posible nun espazo público e aberto á participación de toda a cidadanía. Coa implicación de 22 entidades de distintos sectores, o programa desenvolveu unha diversidade de actividades orientadas a achegar as prácticas e valores do cooperativismo ao conxunto da sociedade así como a facilitar espazos de encontro profesional e divulgativo arredor da economía social e os seus axentes.

Concello da Coruña

A Coruña, 2017