O Laboratorio de Arte Urbana (LAU) é un programa de iniciación e aprendizaxe colectiva para aproximarse, a través da experimentación creativa e sen necesidade de contar con coñecementos previos, ás diversas técnicas e linguaxes da arte urbana, un medio de expresión artística no que a liberdade e a intervención no espazo público son o denominador común. Desde un enfoque multidisciplinar e eminentemente práctico, o curso presenta algunhas das súas heteroxéneas formulacións e ferramentas, como o post-grafiti, o poster-art, os estarcidos, os art-toys ou os adhesivos.
A Coruña e Santiago de Compostela
2017-2019
Clientes: Concello de Santiago, Universidade da Coruña e B.P. Ánxel Casal.
Graciñas por visitarnos! En 7Hcoop.gal só empregamos cookies con finalidade técnica. Agardamos que che guste o noso sitio web e entendemos que estás dacordo coa nosa política de cookies. Preme no enlace para máis información e contáctanos ante calquera dúbida.plugin cookies
ACEPTAR