MicroBios é un espazo de intervención artística e expositiva portátil e a escala destinado a difundir o traballo artístico das socias, colaboradoras e amigas de 7H desde a promoción dun contexto de creación de calidade e un uso múltiple e libre do espazo. A partir da transformación dunha antiga casa de bonecas nunha galería de arte contemporánea, o proxecto procura devolver o valor artístico ao contido, apostando por un formato expositivo no que o continente e os personalismos se reducen deliberadamente á mínima expresión, así como achegar á arte contemporánea e o coleccionismo á sociedade desde unha perspectiva atractiva, lúdica e pouco convencional.
MicroBios nace no 2015 inspirada na Fundación Newcastle de Javier Castro Flórez.
Graciñas por visitarnos! En 7Hcoop.gal só empregamos cookies con finalidade técnica. Agardamos que che guste o noso sitio web e entendemos que estás dacordo coa nosa política de cookies. Preme no enlace para máis información e contáctanos ante calquera dúbida.plugin cookies
ACEPTAR