Mulleres en Círculo: a cabaña vermella foi un proxecto de investigación e experimentación artística arredor das formas de creación que se xeran cando as mulleres dispoñen dun espazo baseado en relacións horizontais e de sororidade. Iniciada pola artista Reme Remedios, a iniciativa chegou a Compostela baixo o noso comisariado transformando a Igrexa da Universidade nunha exposición work-in-progress baseada no encontro íntimo e a aprendizaxe colectiva. Desenvolta ao abeiro da Bienal Miradas de Mujeres 2016, estivo integrada por trece actividades, entre as que destacan diversos obradoiros de carácter gratuíto sobre creatividade, muller e feminismos.

Universidade de Santiago

Santiago de Compostela, 2016