Realizada no marco do Inside Out Project, o proxecto colectivo de arte urbana máis grande do mundo, a iniciativa Mulleres [Rur]Urbanas reivindicou e visibilizou o esquecido e mesmo desprezado rol feminino na xeración e sostén do benestar común en Galicia. Un grupo de acción artística conformado por 35 alumnas de Belas Artes da Universidade de Vigo realizou, en coordinación coa equipa de 7H, a recollida de testemuños e o retrato fotográfico de mulleres con capacidades e ocupacións diversas. Como resultado deste encontro e diálogo interxeracional, as participantes instalaron máis dun cento de imaxes de rostros femininos, impresas en formato póster, en espazos da cidade de Pontevedra reservados tradicionalmente aos sectores masculinos, ilustrados e urbanos da sociedade.
Pontevedra
2019-2020
Co-financian: Universidade de Vigo e Concello de Pontevedra.
Graciñas por visitarnos! En 7Hcoop.gal só empregamos cookies con finalidade técnica. Agardamos que che guste o noso sitio web e entendemos que estás dacordo coa nosa política de cookies. Preme no enlace para máis información e contáctanos ante calquera dúbida.plugin cookies
ACEPTAR