Na Varanda foi un proxecto artístico-educativo deseñado e co-dirixido xunto a Plano Pementa S. Coop. Galega para o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) co obxectivo de construír un espazo de encontro e intercambio entre o museo, o seu patrimonio cultural e a cidadanía compostelá. As persoas participantes, procedentes de distintos ámbitos, traballaron reflexiva e criticamente arredor das claves da arte contemporánea e dos procesos de creación de exposicións museísticas para converterse en suxeitos culturais activos a través do deseño, produción e comisariado colectivo dunha mostra artística.

Santiago de Compostela

2019

Co-dirixe: Plano Pementa, S. Coop. Galega

Cliente: CGAC