Co Camiño do Norte como escenario e a erradicación das violencias machistas como obxectivo, o proxecto Ribadeo, Camiño Seguro impulsou accións de concienciación contra os abusos a mulleres na ruta xacobea. A iniciativa, coordinada por Arabías S. Coop. Gal e na que nós desenvolvemos a campaña gráfica e realizamos a documentación audiovisual, construíu espazos de diálogo e de recollida de testemuños orientados a garantir o dereito a viaxarmos soas. Nado en colaboración coas concellerías de Igualdade e Turismo do Concello de Ribadeo e co financiamento da Xunta de Galicia dentro do programa “O teu Xacobeo“, o proxecto derivou na construción dun Pacto Local contra as violencia sexuais no Camiño do Norte.

Ribadeo, 2019

Reproducir vídeo
Campaña para Ribadeo Camiño Seguro