O Taller de Análise de Obra foi un espazo de formación e aprendizaxe colectivo entre pares, construído en colaboración con Desirée Vidal, fundadora de Offmuseum, co fin de impulsar e enriquecer o intercambio entre doce artistas seleccionadas e nove axentes culturais convidadas así como de promover a diversificación e o fortalecemento do circuíto artístico galego. Inspirado no Taller de Análise e Confrontación de Obra da entidade arxentina El Levante, o obradoiro permitiu ás participantes madurar, examinar e contrastar os seus traballos e procesos mediante a súa exposición e a posterior análise crítica e construtiva por parte do grupo nun ambiente de diálogo intimidade profesional.
Santiago de Compostela, 2016
Graciñas por visitarnos! En 7Hcoop.gal só empregamos cookies con finalidade técnica. Agardamos que che guste o noso sitio web e entendemos que estás dacordo coa nosa política de cookies. Preme no enlace para máis información e contáctanos ante calquera dúbida.plugin cookies
ACEPTAR