Transmutar Camiños é un proxecto de experimentación e creación contemporánea desenvolto en diferentes espazos rurais da comarca de Compostela. Coordinado pola equipa de 7H en colaboración con Susana Blasco, Angélica Dass e Ruth Montiel Arias, foi unha aposta por descentralizar os recursos culturais habitualmente destinados ao contexto urbano e unha defensa da práctica artística desde procesos colaborativos e comunitarios. A través da combinación de actividades virtuais e presenciais, Transmutar camiños organizouse coa participación de catro grupo de persoas que desenvolveron colectivamente cadansúa acción artística con resultados que adquiriron o formato dunha mostra, dúas instalacións efémeras e unha publicación con función de exposición portable.

Ames, Brión, Teo e Vedra

2020

Co-financia: Deputación da Coruña