Elas tamén Pintan é un laboratorio de arte urbana en clave feminista orientado a concienciar á mocidade sobre as desigualdades de xénero neste eido creativo e a dotar ás mulleres máis novas dun espazo formativo e de creación libre e seguro. A través da combinación de sesións teóricas con roteiros e obradoiros de experimentación, este pioneiro programa artístico-educativo revisa a historia da arte urbana desde unha perspectiva de xénero, recoñecendo o traballo das artistas galegas, rachando estereotipos e facilitando ferramentas creativas ás participantes para a transformación artística igualitaria do espazo público.
Concello de Santiago
Santiago de Compostela, 2017 e 2018
Mujeres Mirando Mujeres
Proxecto seleccionado na V convocatoria do proxecto Mujeres Mirando Mujeres.
Premio Begoña Caamaño 2018
Esta iniciativa foi recoñecida co II Premio Begoña Caamaño á Acción Cultural pola Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña.
