Mutacións Urbanas é un laboratorio de creación para a inclusión activa de colectivos invisibilizados e en situación de vulnerabilidade — como menores trans*, familias migrantes, persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social —, a través de ferramentas de expresión artística. Organizado en obradoiros baseados en disciplinas como a fotografía, a arte de acción, a pintura, a reciclaxe ou a escultura, o proxecto aposta por transformar intervencións artísticas colectivas nun medio para xerar cambios positivos nos contextos que habitamos, visibilizar a riqueza da diversidade e achegar recursos creativos que permitan participar da arte e da creación no espazo público a todas as persoas.
Santiago, 2016 e Teo, 2018
Cliente: Concello de Santiago
Graciñas por visitarnos! En 7Hcoop.gal só empregamos cookies con finalidade técnica. Agardamos que che guste o noso sitio web e entendemos que estás dacordo coa nosa política de cookies. Preme no enlace para máis información e contáctanos ante calquera dúbida.plugin cookies
ACEPTAR